Que é o ProxectoTERRA?

Presentámosvos o vídeo publicado no 2023, realizado e editado por Jon Brandariz.

 

Pódese descargar tamén o dosier informativo do ProxectoTERRA nesta ligazón.

Actividades complementarias 23-24

Educación Primaria e Secundaria

Desde o ProxectoTERRA, grazas ao financiamento do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia queremos facervos chegar a convocatoria de actividades complementarias 2023-2024, Visitas guiadas de Arquitectura e Cidade e Intercambios territoriais para Educación Primaria e Secundaria a desenvolver nos meses de Abril, Maio e Xuño de 2024, co obxectivo de que poidades incorporalas nas vosas programacións de actividades complementarias.

Neste curso académico 23-24, como xa se fixo constar no comunicado enviado a todos os centros educativos por medio do correo electrónico o día 15 de febreiro, a oferta de actividades reducirase por motivos alleos ao ProxectoTERRA. Amplíase, iso si, a oferta de destinos, incorporando este ano o Intercambio territorial á Costa da Morte.

O ProxectoTERRA está integrado no Plan Proxecta+ da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Neste curso só poderán solicitar estas actividades os centros inscritos no programa do ProxectoTERRA, no Plan Proxecta+ 2023/2024.

Prazo de solicitude desde o 21 de MARZO ao 3 de ABRIL

A adxudicación das actividades farase por estrita orde de chegada das solicitudes. Máis información na convocatoria.

Convocatoria

Solicitude

Programas Primaria

Programas Secundaria

Sementeiras – Obradoiros transdisciplinares 2023

Para centros de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional

Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar a convocatoria de Sementeiras – Obradoiros transdisciplinares 2023 para Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional, a desenvolver nos meses de outubro e novembro de 2023, co obxectivo de que se poidan incorporar nas programacións dos centros educativos.

A presente convocatoria enmárcase dentro do programa 18. ProxectoTERRA do Plan Proxecta+ 2022/2023, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial. Un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinares que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Ligazón para a solicitude en liña das Sementeiras

Prazo de solicitude desde o día 26 de SETEMBRO até o 5 de OUTUBRO

A adxudicación dos obradoiros farase por orde de chegada das solicitudes. Máis información na convocatoria.

Convocatoria DESCARGAR

Sementeiras DESCARGAR

Solicitude CUBRIR FORMULARIO DE SOLICITUDE

Actividades complementarias 22 – 23

Educación Primaria e Secundaria

Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar a convocatoria de actividades complementarias 22-23 para Educación Primaria e Secundaria a desenvolver nos meses de Abril, Maio e Xuño de 2022, co obxectivo de que poidades incorporalas nas vosas programacións de actividades complementarias.

Neste curso académico 22-23 modificamos a oferta de actividades complementarias do pasado curso tentando de recuperar, paseniño, a oferta de actividades previa á pandemia da COVID-19 que nos afectou os últimos anos. Así, recupéranse todos os Intercambios Territoriais, tamén os do norte de Portugal a excepción de Melgaço por motivos alleos ao ProxectoTERRA. Amplíase a oferta de actividades para as diferentes etapas, ofertando, por unha banda, todas as Visitas Guiadas de Arquitectura e Cidade para todo o alumnado de Educación Primaria e Secundaria, e por outra, aqueles Intercambios Territoriais de dous días adaptables ao alumnado máis cativo tamén a Educación Primaria.

Prazo de solicitude desde o 2 ao 12 de MARZO

A adxudicación das actividades farase por estrita orde de chegada das solicitudes. Máis información na convocatoria.

Convocatoria

Solicitude

Programas Primaria

Programas Secundaria

Seminario Xentes, Espazos e Lugares 2022

A construción colectiva do Habitar

Museo de Belas Artes da Coruña – 10, 17 e 24 de novembro

Xentes, Espazos e Lugares enmárcase na procura dun punto de encontro no que poidan estar presentes os organismos, institucións, comunidades, asociacións, colectivos e persoas que compartan a preocupación e o compromiso pola mellora da nosa calidade de vida e dos nosos espazos vitais. Un espazo e un tempo para compartir, para a aprendizaxe colectiva, de posta en común de reflexións críticas e propositivas, plurais e diversas, xeradas desde o compromiso co coñecemento en torno a como foi e como é a nosa interacción cos territorios que ocupamos e cos lugares que habitamos, para a nosa vida individual e en comunidade.

Este seminario busca continuar co programa de formación continua da cidadanía co obxectivo de presentar as reflexións multidisciplinares sobre os lugares que habitamos, cuestión que se considera esencial para acadar unha mellor implicación da sociedade na calidade da construción dos espazos que habitamos ao servizo dunha mellor calidade de vida, incidindo nun mellor coñecemento e respecto da nosa ordenación urbanística.

Queremos achegar á cidadanía e ao propio COAG unha reflexión sobre as formas de habitar o noso territorio, incorporando miradas e situacións diversas para abordar a temática de habitar desde o colectivo. Esta idea parte de diferentes necesidades detectadas no afrontamento, desde o contexto da crise ecosocial actual, da situación do habitar nos nosos lugares e espazos.

Ao longo das tres xornadas que conformarán este seminario contarase con experiencias inspiradoras e innovadoras, que porán sobre a mesa as diferentes miradas e críticas á situación actual e o modelo social que define os xeitos de habitar. Presentaranse exemplos que nos permitan proxectar as comunidades habitacionais do presente e do futuro, que afronten as diversas crises económicas e sociais actuais e que presenten solucións que poñan o coidado das persoas no centro do noso ollar.

 

PROGRAMA

10 de novembro, 18:00h
Sesión 1. Situación actual, análise e crítica
Ergosfera, Cristina Botana e Rurban

17 de novembro, 18:00h
Sesión 2. Modelos alternativos no rural
Outonía S.Coop.Gal, Pedro de Llano e Arqueixal Ecoturismo

24 de novembro, 18:00h
Sesión 3. Modelos alternativos para habitar en colectividade
Arquitectura Sen Fronteiras, Larlilás e La Morada Coop.

Poderase seguir tamén a través da retransmisión en directo desde a canle de Youtube do COAG.

Sementeiras – Obradoiros transdisciplinares 2022

Para centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria

Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar a convocatoria de Sementeiras – Obradoiros transdisciplinares 2022 para Educación Infantil e Primaria e Secundaria, a desenvolver nos meses de outubro e novembro de 2022, co obxectivo de que se poidan incorporar nas programacións dos centros educativos.

A presente convocatoria enmárcase dentro do programa 18. ProxectoTERRA do Plan Proxecta+ 2022/2023, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial. Un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinares que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Ligazón para a solicitude en liña das Sementeiras

Prazo de solicitude desde o día 3 até o 13 de OUTUBRO

A adxudicación dos obradoiros farase por orde de chegada das solicitudes. Máis información na convocatoria.

Convocatoria DESCARGAR

Sementeiras DESCARGAR

Solicitude CUBRIR FORMULARIO DE SOLICITUDE

Actividades complementarias 21 – 22

Educación Primaria e Secundaria

Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar a convocatoria de actividades complementarias 21-22 para Educación Primaria e Secundaria a desenvolver nos meses de Abril, Maio e Xuño de 2022, co obxectivo de que poidades incorporalas nas vosas programacións de actividades complementarias.

Neste curso académico 21-22, modificamos a oferta de actividades complementarias do pasado curso tentando de recuperar, paseniño, a oferta de actividades previa á pandemia da COVID-19 que nos afectou os pasados cursos. Así, constinúase a prescindir dos Intercambios Territoriais para Educación Secundaria ao norte de Portugal, mentres que recuperamos o de Courel-Ribeira Sacra e máis o do Camiño de Santiago, así coma continuamos a priorizar as Visitas Guiadas de Arquitectura ás cidades galegas para o alumnado de Educación Primaria.

Prazo de solicitude desde o 30 de MARZO até o 8 de ABRIL

A adxudicación das actividades farase desde o día 29 de MARZO por orde de chegada das solicitudes. Máis información na convocatoria.

Convocatoria

Programas

Solicitude

Obradoiros transdisciplinares 2021

Educación Infantil e Primaria

Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar a convocatoria de Obradoiros transdisciplinares 2021 para Educación Infantil e Primaria, a desenvolver nos meses de novembro e decembro de 2021, co obxectivo de que se poidan incorporar nas programacións dos centros educativos.

Mediante a presente convocatoria, desde o ProxectoTERRA queremos achegar a aqueles centros educativos inscritos no Plan Proxecta+ 2021/2022 unha serie de obradoiros prácticos dirixidos a alumnado de Educación Infantil e Primaria. A través destes obradoiros poderanse desenvolver os contidos expostos nos proxectos que cada centro presentou á convocatoria do Plan Proxecta+ 2021/2022, no programa 16. ProxectoTERRA.

Ofreceranse, sen custo adicional para os centros educativos inscritos no Plan Proxecta+, unha serie de obradoiros desenvolvidos por entidades externas ao proxectoTERRA. Nestes obradoiros abordaranse os contidos do programa adecuándoos ás características e idade do alumnado aos que irán dirixidos.

Prazo de solicitude das propostas dos axentes desde o 15 até o 31 de OUTUBRO

Oferta de Cursos de Proxecto TERRA dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado. Curso 20/21

G2102016 – ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Plan Proxecta.

Mércores 13 de outubro – Cooperativa Pandora Mirabilia

  • Perspectiva entre arquitectura e pedagoxía. Diagnóstico e proposta.
  • Ferramentas e metodoloxías participativas.

Xoves 14 de outubro – Fermín Glez. Blanco – Sistema Lupo

  • Espazo físico, elementos de transformación. Casos concretos e sinxelos adaptados á pandemia.
  • Dinámicas para traballar en patios. Proposta de xogos para centros escolares.

Xoves 28 de outubro – Miudiño Sociedade Cooperativa Galega

  • Patios Vivos. Patios de socialización, aprendizaxe e xogo libre.

Mércores 3 de novembro – Fermín Glez. Blanco – Sistema Lupo + Miudiño Sociedade Cooperativa Galega

  • Sesión práctica – Dinámicas para traballar en patios. Proposta de xogos para centros escolares.

G2102014 – ProxectoTERRA. Cartografías. Plan Proxecta.

Xoves 11 de novembro – Estudio Rurban

  • Que é a cartografía, en que se basa. Marco conceptual. Coñecementos teóricos.
  • Como funciona unha cartografía. Deseño e ferramentas de recollida da información.
  • Onde aplicar a cartografía, ámbito micro vs macro.

Sábado 13 de novembro – Clara Megías

  • Achegar o uso de ferramentas de cartografía a docentes. Cartografía e arte.
  • Obradoiro «Cartografía crítica para educadores».

Xoves 18 de novembro – Arquitectura Sen Fronteiras

  • Casos prácticos, exemplos e experiencias co uso da cartografía no ámbito educativo.
  • Ferramentas e aplicacións da cartografía. Presentación da aplicación de ASF.

Sábado 20 de novembro – Estudio Rurban + Arquitectura Sen Fronteiras

  • Sesión práctica. Como facer un mapeo colectivo.

O ProxectoTERRA no Curso de verán Territorio Habitable. Expresiones locales y estrategias territoriales da UPV/EHU

No marco de colaboración entre o Departamento de Planificación Territorial, Vivienda y Transportes do Goberno Vasco e máis a UPV/EHU, para a promoción das actividades da Cátedra UNESCO de Paisajes Culturales y Patrimonio, vén realizándose anualmente un curso de verán que, tendo coma foco de actuación a paisaxe, propón cada ano unha temática específica.

O curso deste ano céntrase na mostra de axentes e iniciativas chave e busca de estratexias para a mellora na xestión e ordenación paisaxística do medio rural. Nel presentarase o ProxectoTERRA os días 19 e 20 de xullo de 2021 coma exemplo que achega as bases para a comprensión e respecto da paisaxe e o territorio ao eido educativo.

https://www.uik.eus/es/territorio-habitable-expresiones-locales-y-estrategias-territoriales

Exposición dos 20 anos de ProxectoTERRA
Desde o pasado día 30 de abril e até o vindeiro 27 de xuño de 2021, pódese visitar no Andar 0 do Museo Centro Gaiás das Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, a exposición que conmemora estes 20 anos de traxectoria do noso proxecto. Agardamos que se poida achegar a máis xente posible e, así, contribuír a continuar crecendo e expandindo a necesidade de protexer o noso patrimonio, a nosa paisaxe e o noso territorio.

Esta mostra comprende máis de 35 proxectos elaborados desde diversos centros educativos galegos ao longo destes 20 anos. É unha homenaxe a todo o traballo do profesorado e alumnado participante, que puido acceder aos contidos ofertados polo ProxectoTERRA e facelos seus, desenvolvendo enxeñosos proxectos innovadores que achegaron os nosos principios a a toda a comunidade educativa e participando nas actividades ofertadas.

A exposición artéllase en tres seccións que abranguen todas as temáticas ás que se pode acceder desde os materiais e formacións ofertadas desde o noso proxecto. Hábitat, Arquitectura e Urbanismo e Paisaxe e Territorio son os tres campos principais nos que se clasificaron os proxectos mostrados, abordando á súa vez outras temáticas coma o medio ambiente, o dereito ao hábitat ou as intervencións nos espazos educativos. Tamén, nunha cuarta sección resumíronse as actividades complementarias ofertadas durante estes 20 anos. Entre elas, as visitas guiadas e máis os intercambios territoriais, que representáronse nun mapa do territorio galego-portugués que rematou por converterse en portada de toda a mostra.

Animámosvos a achegarvos a botar unha ollada, para seguir recompilando e intercambiando ideas sobre como mellorar o noso hábitat, protexer o noso patrimonio e mellorar, a fin de contas, a materialización que a pegada do ser humano fai sobre a nosa paisaxe a través das intervencións arquitectónicas e urbanísticas, a través das xeracións presentes e futuras.

Por outros 20 anos!

Achégate a visitala!

– Desde o 30 de abril ao 27 de xuño no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.

– Desde o 8 de xullo na Delegación do COAG de Lugo (de luns a venres en horario de 10 a 14h).

Actividades complementarias 20 – 21

Educación Primaria e Secundaria

Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de  Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de  Protección da Legalidade Urbanistica como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos  facervos chegar a convocatoria de actividades complementarias 20-21 para Educación Primaria e Secundaria a desenvolver nos meses de Maio e Xuño de 2021, co obxectivo de que poidades incorporalas nas vosas programacións de actividades complementarias.

Neste curso académico 20-21, modificamos a oferta de actividades complementarias do pasado curso tentando de adaptala á situación especial que estamos a vivir por mor da pandemia da COVID-19. Así, prescindiuse excepcionalmente dos Intercambios Territoriais ao norte de Portugal e ao Courel-Ribeira Sacra e priorizáronse as Visitas Guiadas de Arquitectura ás cidades galegas,  artellando a oferta de modo que os tempos de transporte se reduzan, se prioricen as actividades ao aire libre e cada actividade inclúa al menos unha parte en espazos verdes. Ofértanse actividades nas catro provincias e ábrese a convocatoria a Educación Primaria, garantindo en todo momento a adaptación as actividades á idade do alumnado participante.

Prazo de solicitude desde o 16 de ABRIL até o 2 de MAIO
A adxudicación das actividades farase por orde de chegada das solicitudes e desde o día 21 de ABRIL. Máis información na convocatoria.

Convocatoria

Programas

Solicitude

Oferta de Cursos de Proxecto TERRA dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado. Curso 20/21
G2002011 – ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Plan Proxecta.
Mércores 28 de outubro – Cooperativa Pandora Mirabilia e Estudio Pez Arquitectos

  • Perspectiva entre arquitectura e pedagoxía. Diagnóstico e proposta.
  • Ferramentas e metodoloxías participativas

Sábado 31 de outubro – Fermín Glez. Blanco – Sistema Lupo

  • Espazo físico, elementos de transformación. Casos concretos e sinxelos adaptados á pandemia
  • Dinámicas para traballar en patios. Proposta de xogos para centros escolares

Mércores 4 de novembro – Cooperativa Pandora Mirabilia

  • Sesión práctica – Diagnóstico e proposta. Ferramentas e metodoloxías participativas

Sábado 7 de novembro – Fermín Glez. Blanco – Sistema Lupo

  • Sesión práctica – Dinámicas para traballar en patios. Proposta de xogos para centros escolares
G2002009 – ProxectoTERRA. A construción do territorio e da paisaxe. Plan Proxecta.
Xoves 19 de novembro – Valerià Paül Carril

  • Abordaxe teórica da paisaxe. O significante e o significado.
  • Unha historia de retomas e rupturas na cultura occidental. O Convenio Europeo da Paisaxe do ano 2000.

Martes 24 de novembro – Rocío Romar Roel

  • Explicación do material PAGUS. Doce paisaxes: guía de lectura e interpretación.

Martes 1 de decembro – Rocío Romar Roel

  • Experiencias na aula.
  • Enfoque e explicación do traballo práctico non presencial.
G2002010 – ProxectoTERRA. Cartografías. Plan Proxecta.
Xoves 26 de novembro – Estudio Rurban

  • Que é a cartografía, en que se basa. Marco conceptual. Coñecementos teóricos.
  • Como funciona unha cartografía. Deseño e ferramentas de recollida da información.
  • Onde aplicar a cartografía, ámbito micro vs macro.

Sábado 28 de novembro – Clara Megías

  • Achegar o uso de ferramentas de cartografía a docentes. Cartografía e arte.
  • Obradoiro «Cartografía crítica para educadores».

Mércores 2 de decembro – Arquitectura Sen Fronteiras

  • Casos prácticos, exemplos e experiencias co uso da cartografía no ámbito educativo.
  • Ferramentas e aplicacións da cartografía.

Xoves 3 de decembro – Estudio Rurban

  • Sesión práctica. Como facer un mapeo colectivo.
Convocatoria de asistencia técnica para a elaboración dunha imaxe gráfica que acompañe á Exposición dos 20 anos de Proxecto TERRA
Con motivo da celebración dos 20 anos desde a creación do Proxecto TERRA estase a organizar unha exposición onde se poida mostrar o traballo feito neste tempo por toda a comunidade educativa, con especial protagonismo do alumnado, grazas aos contidos e actividades elaborados desde o noso proxecto. Para que o alcance desta mostra sexa maior decídese convocar a presente asistencia técnica, pola cal unha entidade ou equipo de persoas elaborarán unha imaxe gráfica acorde á natureza do proxecto, á celebración do vixésimo aniversario e ao acompañamento desta exposición para o que estaría pensada.
Prazo de recepción de candidaturas: do 1 ao xullo ao 31 de xullo de 2020
A persoa seleccionada para a realización desta asistencia técnica foi: Lucía Escrigas Rodríguez
Actividades complementarias 19 – 20

Educacion Secundaria

Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA, queremos facervos chegar a convocatoria de actividades complementarias 19-20 para Ed. Secundaria a desenvolver nos meses de Abril e Maio de 2020, co obxectivo de que se podan incorporar as as programacións de actividades complementarias dos centros educativos de Galicia.
Prazo de solicitude ata o 21 de FEBREIRO

Convocatoria

Programas

Solicitude

Os videos das nosas actividades
O Camiño de Santiago
Fragas do Eume
Porto
Allariz
Melgaço
Courel / Ribeira Sacra
Ferrol
Guimaraes
As nosas actividades

Plan Proxecta e Proxecto Terra 2019-20

Este ano seguimos a desenvolver dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia as accións de difusión, reflexión e formación co Profesorado galego. Estas accións están dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. Un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Neste curso continúase coas líneas de acción dos últimos anos, mais proponse como tema clave:

O dereito ao hábitat. Propostas de transformación nos patios escolares. 

Obxectivos xerais

  • Contribuír a mellorar o coñecemento sobre os espazos que habitamos e sobre a identidade territorial de Galicia, mediante a toma de consciencia da implicación e responsabilidade da cidadanía na construción e posta en valor destes espazos.
  • Tomar conciencia dos problemas básicos da ocupación do territorio e da arquitectura cunha vision crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.
  • Tomar conciencia da importancia dos nosos espazos vitais na nosa calidade de vida, prestando atención ao entorno escolar como espazo de relación da infancia e xuventude.
  • Entender a importancia do patrimonio construído herdado, entendéndoo como resultado dun continuo histórico que ten a virtualidade de unir pasado, presente e futuro, na conformación da identidade dunha comunidade.

Comezamos o curso e xa temos propostas. Pronto teremos a Resolución

 V Encontro Internacional PlayGrounds no Gaiás

Conxuntamente coa Asociación Ludantia o Proxecto Terra ven de organizar co apoio da Fundación Cidade da Cultura -Xunta de Galicia  o  V Encontro Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Xuventude, dirixido a docentes, estudantes e profesionais de educación en arquitectura.

Ideouse como un encontro con intervencións plenarias en formato debate de profesionais recoñecidos a nivel galego, estatal e internacional, agrupados en parellas ao redor de catro temas de interese e actualidade para estes colectivos específicos.
 
Deste xeito, o encontro compleméntase con interesantes obradoiros prácticos ao redor destas temáticas:
 
  • Arte, espazo público e participación
  • Transformación de espazos
  • Xoguetes e dispositivos lúdicos
  • Arquitectura na educación

 Argallar. Exposición para xogar coa Arquitectura no Gaiás

Tralo éxito de Ludantia en Pontevedra no ano 2017,  desenvolveuse co espírito de achegar a arquitectura e o xogo promoveuse Argallar é unha exposición que estivo organizada conxuntamente coa Asociación Ludantia, APLU-Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e co Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia coa participación da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura. Onde diversos centros educativos puideron achegarse con preto de 2000 cativos e cativas. Asemade a visita a mesma contou cun total de 14.000 visitas.

De xeito paralelo e cara o seu peche de Argallar desenvolveuse un Encontro Internacional con Profesionais e Estudantes de arquitectura e da Educación Primaria e Secundaria ao redor da mostra: Playgrounds V

Esta xornada espertou un alto interese, ata o punto de esgotar as 170 prazas dispoñibles do foro, que ofreceu durante dous días –o 1 e 2 de novembro– nove conferencias con expertos e expertas internacionais e 20 obradoiros, onde levaron a cabo casos prácticos para mellorar a arquitectura nas escolas, espazos públicos e incluso cidades pensando na infancia.

“Eu son inspector@ urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu”.

Dentro do Plan Proxecta 2019/2020 e en colaboración coa Axencia da Protección da Legalidade Urbanística (APLU), levase a cabo en educación infantil, primaria e secundaria as actividades de «Eu son inspector@ urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu»

Convocatoria dun proceso de selección de equipo/s para realizar traballos vinculados a renovación e actualización dos materiais didácticos para educación secundaria elaborados por Proxecto Terra

Convoca

​Arquitectura sen Fronteiras, como entidade responsable da xestión, coordinación e desenvolvemento das actividades enmarcadas no Proxecto Terra por conta do COAG.

Obxectivo da convocatoria

O obxectivo desta convocatoria é a selección de equipo/equipos consultor/res para realizar os seguintes traballos:

  1. A renovación e actualización ao novo currículum da LOMCE dos contidos dos tres módulos didácticos ​1. Arquitectura Popular,​ 2. ​Arquitectura Contemporánea e ​3. Identidade Territorial​, elaborados por ProxectoTerra para a súa utilización en centros de Educación Secundaria de Galicia.
  2. Implementación a ​eXelearning​ dos contidos.
+ INFORMACIÓN

Convocatoria completa

Resolución da convocatoria

Os equipos seleccionados son os formados:

1 Arquitectura Popular: Ana Isabel Díaz Gómez, María José Piñeira Mantiñán e Rocío Romar Roel.

2 Arquitectura Contemporánea: Anna Benítez Arnau, José Alejandro Pitaluga Ivorra, Sandra Sambade Nieto e Ana Sogo López.

3 Identidade Territorial: Carlos Fernández García, Alejandro Fernández Vázquez, Ignacio José Pascual Vázquez, Carmen Rey López e Susana Rodríguez Carballido.

OBRADOIRO. Patios e camiños escolares. Propostas de transformación.
12 de Xaneiro, Santiago de Compostela
O obxectivo do curso é formar a docentes de centros educativos para desenvolver propostas de transformación de patios escolares a través do coñecemento de outras colectivos e especialistas que están traballando actualmente neste eido e nos camiños escolares. A mellora do espacio físico, pode ter un impacto positivo na saúde, nas relacións , calidade do xogo, na inclusión ou a igualdade. O espazo favorece ou dificulta estes elementos, pero consideramos importante indagar tamén en metodoloxías de dinamización deseñadas conscientemente para favorecer a participación e inclusión de todo o alumnado. Nesta liña achegamos a proposta de patios dinámicos.
Actividades complementarias 18-19

Educacion Secundaria

Prazo de solicitude ata o 16 de NOVEMBRO
Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA, queremos facervos chegar a convocatoria de actividades complementarias 18-19 para Ed. Secundaria a desenvolver nos meses de Abril e Maio de 2019, co obxectivo de que se podan incorporar as as programacións de actividades complementarias dos centros educativos de Galicia.

Convocatoria

Programas

Solicitude

Os videos das nosas actividades
O Camiño de Santiago
Fragas do Eume
Porto
Allariz
Melgaço
Courel / Ribeira Sacra
Ferrol
Guimaraes
As nosas actividades
Exposición Itinerante:
«15 anos do ProxectoTERRA»
No curso 15-16 cumprimos os 15 anos da nosa presenza e colaboración co mundo educativo galego. Quixemos celebralo cunha exposición itinerante na que presentamos os últimos recursos elaborados: «PAGUS. Galicia, un país de paisaxes» para Educación Secundaria e «Sabela e as zocas máxicas» para Educación Infantil. Queremos compartir esta celebración como agradecemento de todos estes anos de boa acollida do ProxectoTERRA no traballo cotiá nas aulas galegas, confiando en poder seguir contando coa cumplicidade do profesorado para achegar ao alumnado esta reflexión que desde o noso proxecto facemos sobre os espazos e lugares que habitamos no noso país. Ao longo destes anos, puxemos a disposición do profesorado e do alumnado, recursos educativos para Educación Primaria e Educación Secundaria que xa foron enviados de xeito gratuito a todos os centros educativos de Galicia. No pasado mes de setembro, coincidindo co comezo do curso e a incorporación da materia de Paisaxe e Sustentabilidade na Educación Secundaria, aportamos a todos os centros de Galicia os novos recursos «PAGUS. Galicia, un país de paisaxes» e que foron acompañados por nove xornadas de formación para o profesorado desenvolvidas en colaboración dos CFR das sete cidades e o Barco de Valdeorras.

Facebook

Twitts recentes

  • Waiting for Twitter... Once Twitter is ready they will display my Tweets again.
Proxectos e Experiencias para Compartir
Seminario EN-Route UNISCAPE. A Coruña Xuño 2019 
O Seminario, que está coorganizado por UNISCAPE, a Universidade da Coruña e o ProxectoTERRA do COAG, propuxo unha aproximación multidisciplinar, transversal e converxente que supere as pugnas polo protagonismo institucional e as apropiacións espurias do termo, para axudar a conformar esa necesaria «converxencia de miradas» sobre a paisaxe. Contemplando, asemade dos aspectos territoriais, as dimensións emocionais, afectivas, cognitivas, éticas e estéticas.
 
Estruturouse e tres bloques ou liñas de reflexión:
 
LIÑA 1. PAISAXES HERDADAS. Propoñendo reflexións en torno á conformación histórica da paisaxe, ós diferentes procesos que se producen na paisaxe: asentamentos, migracións, transformacións, cultivos, abandonos, cambios de uso, etc. A identidade da paisaxe e como analizar os efectos da explotación e do cambio climático sobre os ecosistemas e recursos naturais. A explotación económica como axente de transformación.
 
LIÑA 2. PAISAXES CONSTRUIDAS. Constatando a pertinencia do proxecto como ferramenta de xestión da paisaxe, así como as dinámicas cíclicas de construción e destrución da paisaxe. A influencia das grandes infraestruturas na articulación e modelado do territorio, as estratexias para a rexeneración paisaxística.
 
LIÑA 3. PAISAXES VIVIDAS. Entendendoo a paisaxe como substrato e como experiencia da actividade humana, da percepción do hábitat e da intervención. Integrar filosofía, arte e teoría da paisaxe na educación da paisaxe.
INTERCAMBIO TERITORRITORIAL Pola ría de Ferrol- Valdoviño e Santo Andrés de Teixido.
Amosando a profesorado e expertos internacionais un exemplo de intercambio territorial ofertado o alumnado galego de secundaria.

Podedes achegarvos ao programa completo a través deste enlace

Paisaxes habitadas. Colectivo Re-Creo
O proxecto PAISAXES HABITADAS é unha investigación sobre as paisaxes que rodean ás nosas cidades, vilas e aldeas, con especial atención a como son observadas e representadas por nenos e nenas. É unha obra coral, na que participaron artistas e profesionais que traballan co espazo desde diferentes esferas, e que pretende una dobre finalidade: promover o coñecemento da paisaxe cotiá galega do que poida derivar a súa posta en valor, e achegar este coñecemento aos máis pequenos, para que a gocen e a recoñezan.

Os talleres teñen por obxectivos introducir aos cativos na percepción do territorio, e ao mesmo tempo rexistrar as imaxinacións que eles producen intuitivamente sobre a paisaxe. Entendemos que na imaxe que cada persoa produce sobre o entorno conflúen sentidos, procesos cognitivos (culturais) e emocións, de xeito que a reproducción do territorio a través do debuxo, maquetas ou escenarios, válese da interpretación da información percibida. Dita representación “incide de xeito consustancial na construcción do valor” asignado á propia paisaxe . Neste sentido os talleres indagan o proceso de producción desta imaxe, e a imaxe mesma, entendida como un aporte esencial á valorización da paisaxe galega e por tanto á defensa do noso territorio.

O III Encontro ofreceu un panorama da Educación en Arquitectura na infancia e na xuventude a través da presentación das experiencias de diferentes equipos adicados a este tema no ámbito internacional.

O enfoque desde diferentes perspectivas e nacionalidades buscou facer visible a innovación educativa e a pluralidade de formas de achegamento a esta cuestión. A educación artística, o coñecemento técnico, a creatividade ou os procesos de participación foro alguns dos puntos de partida. A arquitectura e o coñecemento do entorno construido, se ben está contemplada como contidos no currículo escolar, no ten chegado a consolidarse coma unha parte significativa dentro del, pretendendo ser este Encontro un espazo de reflexión acerca do seu alcance e importancia.

As intervencions agrupáronse arredor de tres temas principais:

1_ Educación en Arquitectura en Colexios e Centros Educativos (educación reglada).

2_ Educación en Arquitectura en Museos e outros espazos alternativos (educación no reglada).

3_Educación en Arquitectura como ferramienta para deseñar espazos coa infancia e xuventude.

Podedes achegarvos ao programa completo a través deste enlace.

Toda a información sobre o colectivo PLAYGROUND podedes atopala neste novo enlace.

Ver as NOVAS MONTAXES dos Videos das Presentacions coas traduccións ao castelá

Unha viaxe por…  1929-2009
A partir do documental «Un viaje por Galicia» realizado por Luis R. Alonso en 1929, oitenta anos depois Pablo Gallego Picard proponse revisitar, percorrer de novo os mesmos lugares, porse exactamente no mesmo punto onde o operador parouse coa sua cámara para así comparar o que de verdade é. Acceso á web. É así un guión preescrito de dobre deriva, tanto xeográfica como da memoria, que nos serve para reflectir un pasado e un presente en permanente cambio. Xa que fronte á tendencia de ver a paisaxe como referente nostálxico, estético e formal dun país, coa comparativa oponse unha reflexión sobre o que significa ocambio, sobre ata que punto a verdade dun territorio baséase nesa falsa inmutabilidad dun ambiente mediatizado ou na súa propia transformación. Ver Video.

Desde mediados de setembro de 2015, todo este material xa está nos vosos centros. “PAGUS. Galicia, un país de paisaxes” está en consonancia cos curriculos vixentes non só na materia específica de “Paisaxe e sustentabilidade” para 1º e 2º de ESO senón tamén, como ben sendo habitual nos nosos materiais, dentro dun eido multidisciplinar no que ten o seu mellor encaixe como ámbito integrador de coñecementos e experiencias. No envío incorporase un escrito presentando os novos materiais e recordando a súa vinculación cos outros recursos do proxectoterra que xa foran enviados aos vosos centros con anterioridade. Podedes ler o seu contido neste enlace.

Se non tedes a vosa disposición no voso centro todos os materiais recollidos na imaxe, poñedevos en contacto con nosoutros no seguinte enderezo electrónico: proxectoterra.secundaria@coag.es

Un interesantísimo video de Urbanins Ciutat no que se explica a evolución das cidades. Duración: 3′:26″
Rede Ocara

Rede OCARA  é unha rede latino-americana de experiencias e proxectos sobre cidade, arte, arquitetura e espazo público nos que participan crianzas.

O seu obxectivo é compartir traballos realizados en circunstancias urbanas e sociais semellantes, para que nos inspiren e axudem a todos. Criar rede, abrazar, falar.

OCARA é uma palabra tupí-guaraní, que significa praza ou centro da aldea, e deriva da palabra «oca» (casa, abrigo).

Con este nome a rede quere ser un grande espazo onde compartir os traballos e experiencias da comunidade latinoamericana.

A rede incentivará colaborações com entidades externas, para programar atividades e encontros de intercâmbio de experiências.

Quem queira-se unir a nossa rede deve explicar seu trabalho realizado com meninos e meninas, ajustando aos temas propostos. Para mais informação, ir a contato.

Olladas na rúa Os últimos venres de mes ás 18:00, en Ourense a Delegación do COAG organiza esta actividade de observación, comentario e crítica participativa sobre a arquitectura e lugares da cidade. MIRAMOS TODOS XUNTOS E NOLO CONTAMOS !!!!!!
Olladas na Rúa
Arquitectura Sen Fronteiras
Plan Proxecta
Arquitectura de Galicia
Red Ocara
Amag! Revista de Arquitectura para Nen@s
La ciudad de los niños
Arkki. Escola de Arquitectura para nen@s
Materiais JClic Primaria
Alvarella
Pousadas de Juventude de Portugal
A Cidade dos Barrios

O Proxectoterra é un proxecto de cooperación co mundo da Educación

O Proxectoterra é un proxecto de cooperación co mundo da educación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, cofinanciado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, dirixido ás distintas etapas da educación obrigatoria co obxectivo de colaborar no proceso de construción do coñecemento que os escolares de Galicia deben ser dos espazos e lugares que habitamos.


Memoria 2000-2010 en castelá

Anímate

Aqui tes un medio no que compartir as túas experiencias. Visibilizar o que facemos danos a oportunidade de compartir o que sabemos. Ofrecemos a nosa web para que teñamos a oportunidade de mostrar o traballo que realizamos nas nosas aulas.

Anímate e fainos chegar os teus comentarios e valoracións. Necesitamos e agradecemos todas as aportacións que nos axuden a que o proxectoterra sexa o voso colaborador en cada un dos procesos de ensino-aprendizaxe que día a día estamos a vivir no noso país e do que sodes protagonistas.