Ademáis da formación específica ao profesorado para impartir os contidos da unidades dicáticas propospostas, o Proxectoterra oferta aos centros educativos as seguintes actividades para o alumnado:
Visitas guiadas
Ofértanse aos centros de ensino secundario visitas guiadas de arquitectura e cidade a cada unha das sete cidades galegas. Con elas pretendemos que o achegamento á arquitectura contemporánea se faga a través da vivencia dos espazos que nos propoñen as significativas mostras que desta arquitectura temos no noso país, desenvolvendo neles, na medida do posible, a actividade para as que foron creados.
Intercambios territoriais
Estes intercambios teñen por obxecto que o alumnado sexa consciente da diversidade do noso territorio, contribuíndo a que o máis próximo non sexa o máis descoñecido. O territorio construído, as distintas escalas de asentamento -a parroquia, a aldea, a vila, a cidade e a área metropolitana- así como a súa evolución ao longo do tempo, serán obxecto de estudo reforzado coa nosa presenza no lugar.
Proxectoterra. Actividades complementarias de Primaria. Curso 2012-13 |
||
|
|
Proxectoterra. Actividades complementarias de Secundaria. Curso 2012-13 |
||
|
|
actividades
