EDUCACIÓN SECUNDARIA

Profesorado

PAGUS. Galicia, un país de paisaxes

Profesorado

PaisaxeLaCaixa

A Obra Social «La Caixa» colabora co ProxectoTERRA coa edición en galego do seu programa medioambiental Paisaxe. Descargar Programa.

A través dos seus cinco bloques diferenciados –Observa, Clasifica, Investiga, Actúa e Explora– nos aproxima á complexa realidade do medio no que vivimos, a través dos sentidos, a observación directa, o traballo de campo e o uso das TIC.

Documental realizado por Luis R. Alonso co gallo da Exposición Iberoamericana de Sevilla de 1929, co que se pretende dar a coñecer as paisaxes e monumentos de Galicia nun percorrido polas catro provincias. Hoxe en día o seu valor testemuñal e histórico é indubidable.

Restaurado pola Filmoteca Española e o Centro Galego de Artes da Imaxe en 1991.

A partir do documental «Un viaje por Galicia» realizado por Luis R. Alonso en 1929, oitenta anos depois Pablo Gallego Picard proponse revisitar, percorrer de novo os mesmos lugares, porse exactamente no mesmo punto onde o operador parouse coa sua cámara para así comparar o que de verdade é. Acceso á web.

É así un guión preescrito de dobre deriva, tanto xeográfica como da memoria, que nos serve para reflectir un pasado e un presente en permanente cambio. Xa que fronte á tendencia de ver a paisaxe como referente nostálxico, estético e formal dun país, coa comparativa oponse unha reflexión sobre o que significa ocambio, sobre ata que punto a verdade dun territorio baséase nesa falsa inmutabilidad dun ambiente mediatizado ou na súa propia transformación. Ver Video.