Imaxe de Marta Somoza da súa proposta de Sementeira 11E

Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar a convocatoria de Obradoiros transdisciplinares 2021 para Educación Infantil e Primaria, a desenvolver nos meses de novembro e decembro de 2021, co obxectivo de que se poidan incorporar nas programacións dos centros educativos.

A presente convocatoria enmárcase dentro do programa 16. ProxectoTERRA do Plan Proxecta+ 2021/2022, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial. Un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinares que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Ligazón para a solicitude en liña das Sementeiras

Prazo de solicitude até o 12 de NOVEMBRO

A adxudicación dos obradoiros farase por orde de chegada das solicitudes e desde o día 8 de NOVEMBRO. Máis información na convocatoria.

Convocatoria DESCARGAR

Sementeiras DESCARGAR

Solicitude CUBRIR FORMULARIO DE SOLICITUDE