EDUCACIÓN PRIMARIA
Profesorado
Para cada un dos tres ciclos, presentamos dous tipos de recursos:
- Un caderno coa sua proposta de actividades (impresa e versión JClic) e coa súa guía para o profesorado
- Un conto, coa súa guía para o profesorado
Os dous recursos son autónomos ao tempo que poden ser usados de xeito complementario.
Como materiais complementarios tedes a vosa disposición:
- Videos: 24H: Catro Lugares, Catro Estacións – Spots
- Programa Paisaxe: Un programa que podedes instalar nos computadores do voso centro de xeito ilimitado e co que poderedes aproximar ao alumnado á complexa realidade do medio no cal vivimos, a través dos sentidos, a observación directa, o traballo de campo e o uso das TICs. Una proposta didáctica que presenta cinco bloques diferenciados: Observa, Clasifica, Investiga, Actúa, Explora. Neste enlace poderedes descargar o programa e a guía.
- JClic: Tedes dispoñible a versión en JClic de todas as actividades recollidas en cada un dos cadernos. Podedes descargar o programa e os comentarios de axuda para a súa instalación neste enlace
1º Ciclo
Antón de Soutolagoa descobre o seu mundo
Un Mundo de Sensacións
2º Ciclo
Descubrindo onde vivimos
Camiño á Fin do Mundo
haURBANistak Tres maneiras de mirar a cidade
3º Ciclo
Movéndonos no territorio
A Viaxe de Ulo
haURBANistak Tres maneiras de mirar a cidade
Paisaxes habitadas. Colectivo Re-Creo
O proxecto PAISAXES HABITADAS é unha investigación sobre as paisaxes que rodean ás nosas cidades, vilas e aldeas, con especial atención a como son observadas e representadas por nenos e nenas. É unha obra coral, na que participaron artistas e profesionais que traballan co espazo desde diferentes esferas, e que pretende una dobre finalidade: promover o coñecemento da paisaxe cotiá galega do que poida derivar a súa posta en valor, e achegar este coñecemento aos máis pequenos, para que a gocen e a recoñezan.
Os talleres teñen por obxectivos introducir aos cativos na percepción do territorio, e ao mesmo tempo rexistrar as imaxinacións que eles producen intuitivamente sobre a paisaxe. Entendemos que na imaxe que cada persoa produce sobre o entorno conflúen sentidos, procesos cognitivos (culturais) e emocións, de xeito que a reproducción do territorio a través do debuxo, maquetas ou escenarios, válese da interpretación da información percibida. Dita representación “incide de xeito consustancial na construcción do valor” asignado á propia paisaxe . Neste sentido os talleres indagan o proceso de producción desta imaxe, e a imaxe mesma, entendida como un aporte esencial á valorización da paisaxe galega e por tanto á defensa do noso territorio.