Ilustración de Iria Prol e Roberto Fernández

Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar a convocatoria de Sementeiras – Obradoiros transdisciplinares 2022 para Educación Infantil e Primaria e Secundaria, a desenvolver nos meses de outubro e novembro de 2022, co obxectivo de que se poidan incorporar nas programacións dos centros educativos.

A presente convocatoria enmárcase dentro do programa 18. ProxectoTERRA do Plan Proxecta+ 2022/2023, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial. Un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinares que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Ligazón para a solicitude en liña das Sementeiras

Prazo de solicitude desde o día 3 até o 13 de OUTUBRO

A adxudicación dos obradoiros farase por orde de chegada das solicitudes. Máis información na convocatoria.

Convocatoria DESCARGAR

Sementeiras DESCARGAR

Solicitude CUBRIR FORMULARIO DE SOLICITUDE