Ilustración de Iria Prol e Roberto Fernández
Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar a convocatoria de Obradoiros transdisciplinares 2022 para Educación Infantil e Primaria e Secundaria, a desenvolver nos meses de outubro e novembro de 2023, co obxectivo de que se poidan incorporar nas programacións dos centros educativos.
A presente convocatoria enmárcase dentro do programa 18. ProxectoTERRA do Plan Proxecta+ 2023/24, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial. Un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinares que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.
COMO PARTICIPAR
Se formas parte dunha entidade ou tes un obradoiro que ofrecer dentro das condicións descritas nesta convocatoria, podes presentar a túa proposta cubrindo o seguinte formulario:
Ligazón para a inscrición e proposta dunha Sementeira
Prazo de solicitude desde o 17 de AGOSTO até o 8 de SETEMBRO
Convocatoria DESCARGAR
Sementeiras 2022 DESCARGAR
Solicitude CUBRIR FORMULARIO DE INSCRICIÓN