Saltar al contenido

ACTIVIDADES

Obradoiros

Os Obradoiros prácticos van dirixidos a alumnado de Educación Infantil,
Primaria e Secundaria. Impártense nos propios centros educativos por
talleristas e colaboradores externos ao ProxectoTERRA e  ofértanse aos
centros inscritos no noso programa na convocatoria do Plan Proxecta+,
adecuándoos ás características e idade do alumnado aos que van dirixidos.
Os contidos desenvolvidos nos Obradoiros teñen por obxectivo completar
ou afondar nas temáticas que traballan o alumnado e o profesorado e que
están vinculadas aos contidos e obxectivos dos recursos aportados polo
ProxectoTERRA para cada un dos niveis educativos. Deste xeito o alumnado
e profesorado poderán aproximarse a novas ideas, prácticas e dinámicas
coas que abordalos, grazas á colaboración de especialistas que aportan a súa
experiencia e investigación nas áreas de ensino-aprendizaxe que son obxecto
de estudo nas aulas. Xogo e manipulación creativa como recursos esencias
na aprendizaxe e son os protagonistas destes Obradoiros.