OS NOSOS VIDEOS
Presentación
Duración: 06′:13″
Explicación do material PAGUS
Intercambios Territoriais
Duración: 04′:24″
Duración: 05′:21″
Duración: 02′:23″
Duración: 04′:13″
Coincidindo coa capitalidade Europea da Cultura no 2012, o ProxectoTERRA iniciou os intercambios territoriais con Guimaraes, contando coa colaboración da Cámara Municipal a través da oficina do MAPA. Este intercambio complátase cos de Melgaço e Porto no conxunto da eurorrexión de Galicia-Norte de Portugal.
Outras Actividades
Duración: 03′:00″
Arquitectura Popular
Como resultado do convenio de colaboración con TVE, puidemos recuperar o fondo documental sobre arquitectura popular en Galicia recollido na serie “Artes y tradiciones populares” emitida en 1984 por TVE. A nova montaxe, con novo guión de Pedro de Llano, está recollida nestes cinco videos. O primeiro deles sintetiza os outros catro e é o que acompañaría á unidade didáctica de “Arquitectura Popular”.
O valiosísimo contido destas imaxes fai deste conxunto de videos un insustituible fondo documental sobre a nosa arquitectura vernácula.
Duración: 23′:34″
Duración: 22′:35″
Duración: 21′:31″
Arquitectura Contemporánea
Un paseo audiovisual polo proceso de conformación da arquitectura contemporánea en Europa a comezos do século XX e como foi a súa integración nos procesos de xeración das novas arquitecturas do noso país.
Identidade Territorial
Un percorrido polo proceso de construción histórica do nos territorio, desde os primeiros asentamentos prerromanos ata o presente. Faise referencia ao marco geográfico, a etapa castrexa, a presenza romana, a idade media, os tempos modernos, o século XX, o Estado da Autonomías e a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Os Spots
Como resultado do convenio de colaboración asinado no ano 2008 coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e a Consellería de Vivenda e Solo, o COAG elaborou unha campaña de divulgación e sensibilización sobre vivenda, espazo público e ordenación e planificación do territorio. Esta campaña concretouse na elaboración de 12 spots de animación de 30″ de duración para a emisión en televisión. Estos spots, tal e como se presentan aquí, forman parte do proxectoterra como material complementario.
Baseados en debuxos animado, os personaxes son os membros da familia Pampín, protagonistas da banda deseñada “A mansión do Pampín”. Eles padecen ou gozan dos lugares e espazos descritos según as situacións que se presentan e a implicación que individual ou colectivamente asumimos en cada caso para desenvolver as medidas que se pretenden.
Coordinados polo equipo do proxectoterra, Miguelanxo Prado é o responsable da dirección, planificación e modelos.
24 Horas: Catro Lugares, Catro Estacións
A colección de vídeos “24 H: Catro Lugares, Catro Estacións” recolle catro ciclos de 24 horas nos equinoccios e nos solsticios en catro emprazamentos distintos: Tores, As Nogais (Courel) – Allariz – A Quintana – Praza de Pontevedra, A Coruña.
O obxectivo é aportar un recurso audiovisual que permita o traballo nas aulas dos conceptos recollidos nos materiais para Educación Primaria e Paisaxe relativos a:
- Paso do Tempo – As Cores – Luces e Sombras – O Imaxinario das Sons
- As Orientacións – As Estacións – As Actividades
- A Diversidade das Paisaxes – Os Espazos Públicos
……………………
Os videos agrúpanse dacordo a tres formulas distintas:
- O mesmo lugar nas 4 estacións simultaneamente de 00:00 a 24:00
- O mesmo lugar nas catro estacións nunca secuencia de 07:00 a 19:00, cunha duración de 2′, na que se van fundindo as estacións, sendo:
- de 07:00 a 10:00 – Equinoccio de Primavera
- de 10:00 a 13:00 – Solsticio de Verán
- de 13:00 a 16:00 – Equinoccio de Outono
- de 16:00 a 19:00 – Solsticio de Inverno
- A mesma estación nos catro lugares simultaneamente de 00:00 a 24:00
O metodo de filmación utilizado Timelapse, cunha captura cada 14″, permite concentrar as 24 horas en 4′.
Catro Lugares
Catro Estacións