
Allariz
Esta é una actividade dun día de duración.
A xornada comeza cunha visita polo centro histórico da vila, no que se visitarán o Museo do Coiro, o Museo do Xoguete e o Museo da Moda, como actuacións significativas de recuperación do patrimonio etnográfico. Farase especial fincapé no Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Allariz (P.E.C.H.A.), que deu como resultado a concesión, en 1994, do Premio Europeo de Urbanismo, e nas súas principais actuacións: o saneamento do cauce do río Arnoia, a recuperación medioambiental das súas marxes, a rehabilitación integral de vivendas e as intervencións en rúas e espazos comúns. Despois de xantar o grupo desprazarase a Santa Mariña de Augas Santas onde vos achegaredes ao Forno da Santa e ao Castro de Armea.
