Saltar al contenido

Camiño de Santiago

Esta é una actividade de dous días de duración.

Primeiro día:

A actividade comeza no Cebreiro, unha das portas emblemáticas do Camiño de Santiago en Galicia. Tras unha visita ao conxunto histórico, coa Palloza-museo e a súa igrexa prerrománica xantaredes no Cebreiro. Pola tarde iniciarase a ruta a pé desde o Alto do Poio cara a Triacastela. A chegada á localidade, o alumnado instalarase no albergue e ceará.

Segundo día:

A xornada comeza en Triacastela cunha demostración artesanal no taller de tecido “Artelar”, onde tamén se poderá coñecer o proceso de rehabilitación do novo albergue. Despois continuarase a camiñada cara a Samos. O itinerario remata cunha visita guiada ao Mosteiro de Samos, unha das xoias monásticas de Galicia.

 

Enlace Camiño de Santiago Video

 

 

Outras actividades

Guimaraes

Santiago

Camiño de Santiago