
Allariz
- Por determinar,
- Por determinar
Esta é una actividade de dous días de duración.
Primeiro día:
Comezaredes a actividade en Sta. Mariña de Augas Santas, coa visita á aldea, ao Forno da Santa e ao Castro de Armeá. Rematada a visita, dirixirédesvos ao Ecoespazo O REXO. Tras o xantar no Rexo, o alumnado participará nas actividades do Centro de Educación Ambiental. A xornada remata no Albergue Salesiano Arnoia, onde despois de cear, o alumnado desfrutará coa proxección da película A lingua das bolboretas.
Segundo día:
Realizaredes un percorrido guiado polo centro histórico de Allariz, visitando o Museo do Coiro e o Museo da Moda, exemplos destacados de recuperación do patrimonio etnográfico e urbano. Durante o percorrido analizaranse as actuacións do Plan Especial de Protección do Casco Histórico que deu como resultado a concesión, en 1994, do Premio Europeo de Urbanismo. A actividade remata co xantar no albergue, seguido dun tempo libre para percorrer a vila antes de emprender o camiño de volta.
