Saltar al contenido

Lugo

Esta é unha actividade dun día de duración.

A xornada comeza coa chegada á Estación de Autobuses de Lugo, onde o grupo se reúne coas guías. A visita iníciase cun percorrido a pé pola Muralla, desde a Torre da Mosqueira ata a Porta Miñá, con parada no barrio da Tinería, onde se daban a coñecer as principais actuacións de rehabilitación e rexeneración urbana desenvolvidas nesta área. O itinerario continúa pola contorna da Catedral e a piscina romana, e remata coa visita ao Museo Provincial e á Casa dos Mosaicos. Seguidamente, o alumnado participará nunha visita e obradoiro no Centro Sociocultural O Vello Cárcere. Tras o xantar na contorna da Praza Maior, realizarase un percorrido visual en autobús pola Ronda da Muralla, a Avda. da Coruña, o polígono do Ceao e o centro As Termas, con parada e visita ao edificio Impulso Verde, referente de arquitectura sostible, pioneiro no uso da madeira estrutural e no deseño de construcións eficientes con baixa pegada de carbono. O percorrido continúa polo barrio da Estación, o parque fluvial do río Rato, o Campus Universitario, o polígono de Fingoi e a Avda. Ramón Ferreiro, ata rematar no parque e mirador de Rosalía de Castro.

 

 

Outras actividades

Obra de Teatro