Saltar al contenido

Costa da Morte

Esta é una actividade de dous días de duración.

Primeiro día:
A actividade comeza cunha ruta desde Santa Mariña ata o Cabo Vilán, pola Duna de Monte Branco, a Punta de Beo e a Praia do Trece, onde se explican a formación da paisaxe e a litoloxía. A primeira parada é no Cemiterio dos Ingleses, para xantar e falar dos naufraxios, da toponimia e do turismo da Costa da Morte. O itinerario continúa pola Praia de Reira, a Pedra do Oso, a Praia de Area Longa, a Praia da Balea e A Pedrosa ata o Faro do Cabo Vilán, onde se aborda a importancia deste lugar, as actividades económicas da zona e o seu impacto na paisaxe. A xornada complétase coa visita guiada ao Dolmen de Dombate e ao Castro de Borneiro.

Segundo día:
A xornada comeza no miradoiro de Santo Hadrián, en Malpica de Bergantiños, e continúa en Buño co ecomuseo O Forno do Forte, onde se poderá ver unha demostración de torno, participar nun obradoiro de barro e ver un documental sobre unha cocedura tradicional. Tras o xantar, visitarase o estaleiro O Baladiño, unha antiga carpintaría de ribeira, e realizarase un roteiro a pé desde Canduas ata a praia do Curro, no que se explican a formación da Ría de Corme e Laxe, a marisma, a litoloxía, as mareas, as actividades económicas (berberecho-ameixa), as aves migratorias e os asentamentos humanos.

 

 

Outras actividades