Saltar al contenido

Ourense

Esta é unha actividade dun día de duración.

A xornada comeza coa chegada á estación de tren de Ourense, onde o grupo se reúne coas guías. A visita iníciase cun percorrido visual en autobús ata o Parque da Alameda, desde onde se realizará un percorrido a pé polo centro histórico da cidade: as Burgas, o exterior da Catedral, a rúa do Paseo e a contorna do parque de San Lázaro. O itinerario complétase cos edificios emblemáticos (Casa Marquina, Edificio Viacambre e A Torre) e coas principais prazas da cidade. Seguidamente, o grupo volverá xuntarse no parque da Alameda para comezar un percorrido en autobús polo barrio das Lagoas e o Campus Universitario, ata chegar ao polígono industrial de Pereiro de Aguiar, onde se realizará unha visita guiada á fábrica de Téxtil Lonia. O percorrido en autobús continúa polo polígono industrial de San Cibrao das Viñas e entra de novo en Ourense pola estrada vella de Madrid, polo barrio de Mariñamansa, a avda. da Habana, Xoán XXIII, a rúa Ervedelo e o barrio do Couto. Tras o xantar nas Pozas públicas e gratuítas de Outariz e Canedo, o alumnado poderá desfrutar deste espazo termal de uso lúdico durante o resto da tarde.

Outras actividades

Melgaço