
Melgaço
- Por determinar,
- Por determinar
Esta é una actividade de dous días de duración.
Primeiro día:
A actividade comeza na Porta de Lamas de Mouro, coa visita guiada á exposición “Ordenación do Territorio” e a proxección de vídeos sobre o Parque Natural da Peneda do Gerês. En función da idade do alumnado e da climatoloxía, realizaranse roteiros interpretativos pola zona ou visitas ao Castro Leboreiro. Tras o xantar, o grupo desprazarase á Pousada da Xuventude en Monte Prado-Melgaço, onde se instalarán e desfrutarán de actividades deportivas.
Segundo día:
O alumnado fará unha visita guiada pola vila de Melgaço, percorrendo os seus museos e principais espazos históricos. A actividade conclúe co xantar na Pousada da Xuventude.
