
Porto
Esta é una actividade de dous días de duración.
Primeiro día:
A actividade comeza coa chegada á Fundación Serralves, onde o alumnado realizará unha visita. Tras o xantar nos xardíns da fundación, farase un percorrido visual en autobús ata o Campo dos Mártires da Patria, onde o grupo será acompañado por dous guías. Desde alí realizarase un itinerario a pé polo centro de Porto ata Vilanova de Gaia, que remata na Avda. da República. Despois, o grupo desprazarase á Pousada de Espinho, onde terá lugar o reparto de cuartos e a cea.
Segundo día:
A xornada comeza co traslado en autobús á parada de metro de Gaia e coa viaxe en metro ata Matosinhos, onde o alumnado visitará a Casa da Arquitectura e participará nun obradoiro. Tras o xantar, farase un percorrido visual en autobús por Matosinhos para coñecer a obra de Álvaro Siza. A actividade remata cunha visita guiada á Casa da Música.
