
“O LUGAR ONDE VIVIMOS” 2025-26
Fecha
Localidad
Horario
Tipo
OBXECTIVOS DO CURSO:
O TRATAMENTO DO ESPAZO NA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
O curso pretende afondar nos fins que persiguen materiais do Proxectoterra para a Educación InfanRl e Primaria. Os obxecRvos que persiguen e moRvaron a creacions destes materiais específicos para este nivel educaRvo, foron:
– A necesidade do coñecemento do territorio e a intervención da especie humana sobre del, debe facerse extensivo a todos os niveis educaRvos.
– O desexo de promover iniciaRvas xeralizadas que favorezan a creación dunha cidadanía consciente do espazo vital onde se desenvolve e da importancia da súa actuación sobre o mesmo.
– A ansia por procurar una anovadora mirada sobre o medio humanizado e non humanizado que posuímos todas as persoas, como ámbito territorial singular, cunha visión críRca e construRva.
– O afán por crear un punto de encontro que contribúa a que as persoas teñamos un mellor coñecemento de como se foi construíndo Galicia ao longo do tempo, Isto ten a intención de facer unha reflexión sobre o patrimonio construído, sobre a tradición herdada da que debemos aprender, sobre a ocupación do territorio e a intervención humana sobre o mesmo…
En conclusión, a aspiración dos materiais do ProxectoTerra é achegar o alumnado ao coñecemento da súa identidade territorial e da intervención da especie humana sobre os espazos ao longo do tempo, e o curso busca que esta aportación do Proxectoterra se continue trasladando a práctica cotiá cos alumnos nas aulas
Se queres máis información podes descargar o programa na seguinte ligazón.
