
Courel – Ribeira Sacra
Esta é una actividade de dous días de duración.
Primeiro día:
A actividade comeza en Quiroga, onde o grupo se reúne co guía a carón do Museo Etnográfico. O alumnado dividirase en dous grupos que se intercambian as visitas ao Museo Xeolóxico e ao Museo Etnográfico de Quiroga. Tras o xantar na praza do Museo Etnográfico, o grupo desprazarase á alvariza de Bustelo, onde realizará unha visita. A tarde continúa no mirador do Alto da Golada, para observar a paisaxe glaciar, e na aldea da Seara, para coñecer a súa arquitectura de montaña. A xornada remata cun roteiro e visita á fervenza de Vieiros.
Segundo día:
A xornada comeza coa saída cara a Seceda, onde se visita a aldea para coñecer a súa arquitectura de montaña e os seus fósiles. Despois, o grupo visitará o Val das Mouras, de paisaxe kárstica, e o Mirador de Campodola. Tras o xantar en Quiroga, desprazarase a Doade, onde subirá ao catamarán para realizar un percorrido polos canóns do Sil na Ribeira Sacra.
Enlace Courel-Ribeira Sacra Video
