Saltar al contenido

A Coruña

Esta é unha actividade dun día de duración.

A visita iníciase cun percorrido visual en autobús pola cidade, para mostrar os distintos barrios, infraestruturas e equipamentos. Seguidamente, realizarase un percorrido guiado pola contorna da Torre de Hércules. Continuarase en autobús ata o Monte San Pedro, desde cuxo mirador se explicará a orixe, o crecemento e a morfoloxía da cidade da Coruña. Despois, o grupo desprazarase ata o Castelo de Santo Antón, onde comeza o itinerario a pé pola Cidade Vella, desde o Xardín de San Carlos ata a Praza de María Pita, pasando polas prazas das Bárbaras, de Santo Domingo e de Arcárraga e por edificios emblemáticos do casco histórico, como a Colexiata de Santa María do Campo, a Casa Cornide e a Igrexa de Santiago, ata chegar ao Pazo Municipal. Tras o xantar na Praza de María Pita, o percorrido continúa polos edificios modernistas da contorna (Casa Rei, Casa Molina e o Dente de Ouro), as Galerías da Mariña, o barrio da Peixería, o Teatro Rosalía de Castro e o Mercado de Santo Agostiño. A xornada remata co Museo de Belas Artes, onde o alumnado realizará unha visita e participará nun obradoiro.

 

 

Outras actividades

Melgaço