Saltar al contenido

Courel – Ribeira Sacra

Esta é una actividade de dous días de duración.

Primeiro día:

A actividade comeza en Quiroga coa visita ao Museo Xeolóxico e ao Museo Etnográfico. Tras o xantar, dirixirédesvos cara á Seara pasando por Folgoso do Courel, Seoane e o Alto do Couto. Realízaredes o roteiro pola Lagoa de Lucenza, a Fervenza de Vieiros e a Seara, con interpretación da paisaxe glaciar.

Ao chegar á Seara poderedes analizar as características da arquitectura de montaña e  visitaredes o Mirador de A Golada. Ao remate da xornada, o grupo trasladarase ao Hotel San Clodio en Ribas de Sil para instalarse e cear.

Segundo día:

O alumnado visitará o Mirador de Campodola e á Alvariza da Granxa en Santa Eufemia. O itinerario inclúe a observación da falla de Santa Eufemia, un punto singular de interese do Xeoparque. Despois do xantar, a xornada rematará  cun percorrido en catamarán polos Canóns do Sil no embarcadoiro de Doade na Ribeira Sacra.

 

Enlace Courel-Ribeira Sacra Video

 

Outras actividades

Camiño de Santiago

Ourense

Ferrol