
Guimaraes
Esta é una actividade de dous días de duración.
Primeiro día:
A xornada comeza coa visita á Citânia de Briteiros, acompañados polos arqueólogos do lugar, coñecendo o seu patrimonio histórico e cultural. Tras o xantar, o percorrido continúa en autobús cara a Guimarães con parada no Mosteiro de Souto San Salvador. Realizarase un percorrido guiado en autobús pola cidade de Guimarães que inclúe a subida ao Monte da Penha en teleférico. A xornada remata coa visita á Torre da Alfândega e paseo a pé pola muralla. Chegada ao aloxamento, onde se instalarán os participantes para despois ir a cear.
Segundo día:
O alumnado visitará o Centro de Ciencia Viva e a área de rehabilitación de Couros e participará nunha actividade en grupos para descubrir o centro histórico de Guimarães. A xornada complétase cunha visita polo Castelo e Pazo dos Duques de Bragança, antes de xantar.
