Saltar al contenido

Camiño de Santiago

Esta é una actividade de dous días de duración.

Primeiro día:

A actividade comeza co percorrido polo Cebreiro, onde se visitan a palloza-museo, a igrexa e o conxunto da aldea. Tras o xantar no Cebreiro, o grupo desprazarase en autobús ata o Alto do Poio, desde onde comeza o descenso a pé cara a Triacastela. O autobús leva as mochilas e as equipaxes directamente ao albergue, para que o alumnado non teña que cargar con elas. Á chegada a Triacastela, repártense os cuartos no albergue e o resto do tempo queda libre, antes da cea.

Segundo día:

A xornada comeza co almorzo no restaurante Vilasante, mentres un transporte leva as equipaxes desde Triacastela ata Samos. Seguidamente, o alumnado visualizará un vídeo sobre o liño  e participará nunha demostración de tecido no obradoiro «Artelar». Despois, visitarase o Centro de Interpretación do Ferro e o grupo desprazarase a Samos, onde terá lugar o xantar. O itinerario remata cunha visita guiada ao Mosteiro de Samos, unha das xoias monásticas de Galicia.

 

 

 

Outras actividades